- Última actualización
- 09/02/2024
- Licenza
- Creative Commons Attribution 4.0
- Organización
- Dirección Xeral de Saúde Pública
- Formato
- XLSX
Mortalidade por Cancro: Razón de mortalidad estandarizada (RME) bruta e suavizada asociada a cancro de páncreas
Para analizar a mortalidade a nivel municipal calculouse a razón de mortalidade estandarizada (RME), que se obtén dividindo o número observado de persoas que morren nun período de tempo, entre o número esperado nese período, no suposto de que a rexión a estudo tivera as mesmas taxas específicas que unha poboación de referencia considerada (neste caso, a poboación de Galicia segundo sexo). As RMEs non deben ser empregadas para comparar distintos concellos entre si, senón para comparar cada un deles coa poboación de referencia.
A observación directa das RMEs pode dar lugar a unha mala interpretación do patrón xeográfico de mortalidade, polo feito de que os concellos cun tamaño moderado da poboación dan lugar ás RMEs menos precisas e máis extremas. Por este motivo, suavizáronse as RMEs por medio dun modelo xerárquico bayesiano, baseado na aproximación por integradores de Laplace aniñados (INLA), que permite empregar a información de áreas veciñas para a estimación de cada concello. Este modelo espacial foi proposto por Clayton e Kaldor e, posteriormente, desenvolto por Besag, York e Mollie.
Os rangos de valores dividíronse en 7 intervalos, do seguinte xeito:
- menos de 0,7 (incluído)
- de 0,7 a 0,85 (incluído)
- de 0,85 a 0,975 (incluído)
- de 0,975 a 1,025 (incluído)
- de 1,025 a 1,15 (incluído)
- de 1,15 a 1,3 (incluído)
- maior de 1,3.
A cor vermella identifica aos concellos cun exceso de risco, a cor azul indica un menor risco e a cor branca indica un risco similar ao de Galicia. A intensidade da cor marca o grao de importancia tanto no exceso como no defecto de risco.
O modelo xerárquico espacial e o espacio-temporal foron implementados por medio do paquete R-INLA9 de R.
Información adicional
Campo | Valor |
---|---|
Última actualización dos datos | 9 de febreiro de 2024 |
Última actualización dos metadatos | 9 de febreiro de 2024 |
Creado | 9 de febreiro de 2024 |
Formato | XLSX |
Licenza | Creative Commons Attribution 4.0 |
URL | https://abertos.sergas.gal/dataset/7a73201a-a09f-435e-ad1d-6ffa3d8cd7a1/resource/f3c43352-9382-40c6-8c0e-b0b32808ddb7/download/l23_5.xlsx |
Tipo de contido | application/vnd.openxmlformats-officedocument.spreadsheetml.sheet |
Tamaño | 282222 |