A vacina hexavalente emprégase na inmunización contra un conxunto de seis enfermidades: difteria, tétanos e tose ferina (DTPa); Haemophilus influenzae tipo B (HiB); hepatite B (HB) e poliomielite (VPI). Forma parte do calendario sistemático de inmunización ao longo de toda a vida mediante a administración de 3 doses: aos 2 meses, aos 4 meses e aos 11 meses. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase de maneira conxunta a cobertura vacinal segundo o tipo de vacina:
-
Cobertura vacinal fronte ao tétanos, difteria e tose ferina (DTPa) mediante a porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses da vacina. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
-
Cobertura fronte ao Haemophilus influenzae tipo B (HiB) mediante a porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses da vacina. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
-
Cobertura fronte ao virus da poliomielite (VPI) mediante a porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses da vacina. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.
-
Cobertura fronte ao virus da hepatite B (HB) mediante a porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses da vacina. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.