Cobertura da primovacinación de rotavirus (RV)

A vacinación fronte ao rotavirus (RV) consta dunha vacina oral con virus atenuados vivos administrada aos 2 e aos 4 meses de idade, a primeira dose preferentemente antes das 16 semanas de idade e a segunda antes das 24 semanas. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón:
Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao rotavirus mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF