Cobertura da vacinación de difteria, tétanos e tosferina (dTpa/DTPa) en embarazadas

A vacina fronte a difteria, tétanos e tose ferina é unha vacina empregada na inmunización tanto de mulleres embarazadas (semana 27 de xestación) como na poboación infantil e adulta. Na muller embarazada adminístrase unha única dose da vacina de baixa carga antixénica (dTpa) na semana 27 da xestación. Pode atopar máis información consultando o Calendario de Inmunización do Programa Galego de Vacinación.

No presente indicador avalíase de maneira conxunta a cobertura vacinal fronte á difteria, tétanos e tose ferina (dTpa/DTPa) mediante a porcentaxe de embarazadas que recibiron unha dose durante o período avaliado. No numerador do presente indicador figurará o número de embarazadas que recibiron unha dose durante ese período e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos nados na mesma cohorte temporal.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF