Fogares con carencia material severa

O indicador de fogares con carencia material severa representa o número de fogares que experimentan unha carencia material severa nunha determinada poboación ou territorio. Unha persoa vive nun fogar con carencia material severa cando ten carencia polo menos en catro conceptos dos seguintes:

  • Non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano
  • Non pode permitirse unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días
  • Non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada
  • Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos
  • Tivo retrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou aluguer, gas, comunidade, etc.)
  • Non pode permitirse dispoñer de coche
  • Non pode permitirse dispoñer de teléfono (fixo ou móbil)
  • Non pode permitirse dispoñer de televisor en color
  • Non pode permitirse dispoñer de lavadora

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2011 ata 31/12/2021
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF