Incidencia de cancro de mama. Taxa bruta

Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: Censo Galicia 2011). Taxas por 100.000 habitantes.

Incidentes : Mulleres residentes en Galicia de todas as idades diagnosticadas de cancro de mama en hospitais públicos galegos ou en POVISA, cun diagnóstico dunha neoplasia maligna primaria con código topográfico C50 na Clasificación Internacional de Enfermidades para Oncoloxía e con 5º díxito de código de comportamento 3 (maligno sitio primario). Datos obtidos a partir do Rexistro de diagnósticos de Anatomía Patolóxica, Conxunto Mínimo Básico de Datos de Altas Hospitalarias (CMBD-AH), Rexistro de Mortalidade de Galicia, Tarxeta Sanitaria, Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama.

Poboación: Poboación de mulleres residentes en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de habitantes.

Periodicidade: Anual.

Contexto : A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).

En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como tería sido de non concorreren (intervencións e prácticas preventivas).

O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.

Datos e Recursos

Información adicional

Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2015 ata 31/12/2021
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF