Mortalidade por cancro de colon, de recto, da porción rectosigmoide e do ano. Taxa axustada

Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: Censo Galicia 2001, Censo Galicia 2011, poboación europea-2013, poboación mundial-1977). Taxas por 100.000 habitantes.

Defuncións: Mortes de residentes en Galicia, con causa básica de defunción os códigos 153,154.0, 154.1, 154.2, 154.3 e 154.8, na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades ( CIE) e os códigos C18- C21 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.

Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de habitantes.

Periodicidade: Anual.

Contexto : A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).

En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como tería sido de non concorreren (intervencións e prácticas preventivas).

O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/1980 ata 31/12/2021
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF