Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: Censo Galicia 2001, Censo Galicia 2011, poboación europea-2013, poboación mundial-1977). Taxas por 100.000 habitantes.
Defuncións: Mortes de persoas residentes en Galicia de 35 a 84 anos, con causa básica de defunción os códigos 410-414 na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) e códigos I20-I25 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.
Poboación: Poboación residente en Galicia de 35 a 84 anos, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de habitantes.
Periodicidade: Anual.
Contexto : A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).
En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como tería sido de non concorreren (intervencións e prácticas preventivas).
O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.