Mortalidade por enfermidades do corazón de 35 a 84 anos. Taxa axustada

Indicadores: Taxa bruta e axustada por idade, co método directo (poboación de referencia: Censo Galicia 2001, Censo Galicia 2011, poboación europea-2013, poboación mundial-1977). Taxas por 100.000 habitantes.

Defuncións: Mortes de persoas residentes en Galicia de 35 a 84 anos, con causa básica de defunción os códigos 390-398, 402, 403, 410-417, 420-429, excepto 427.5 na 9ª revisión da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE) e códigos I00-I09, I11, I13, I20-I51 na 10ª revisión. Datos obtidos do Rexistro de Mortalidade de Galicia.

Poboación: Poboación residente en Galicia de 35 a 84 anos, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de habitantes.

Periodicidade: Anual.

Contexto : A información proporcionada para este conxunto de indicadores enmárcase dentro do Sistema de Vixilancia das Enfermidades Crónicas de Galicia (SVEC-G).

En Galicia, as enfermidades crónicas son a causa principal de mortalidade, morbilidade e gasto do sistema sanitario. A frecuencia destas enfermidades na poboación depende da presenza nela dos distintos factores que aumentan o risco de padecelas (factores de risco), dos que evitan que ocorra (factores protectores) ou dos que, de ocorrer, fan que a enfermidade non sexa tan grave como tería sido de non concorreren (intervencións e prácticas preventivas).

O SVEC-G integra información sobre indicadores que resumen a frecuencia e o impacto que na mortalidade e morbilidade teñen as enfermidades crónicas máis relevantes en Galicia, así como de determinados factores de risco.

Datos e Recursos

Información adicional

Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/1980 ata 31/12/2021
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF