Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas

DEFINICIÓN:

Este indicador achega información sobre o número de actuacións de control oficial realizadas polo corpo inspector dentro do Programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas.

Sendo un dos filtros os tipos de entidades, definidos como:

Establecementos biocidas, definidos como os locais ou instalacións onde se fabriquen e/ou formulen e/ou envasen biocidas, asi como nos que se almacenen e/ou comercialicen biocidas.

Servizos biocidas, definidos como as persoas físicas ou xurídicas que efectúen tratamentos con aplicación de biocidas.

Instalacións fixas de tratamento, definidas como os establecementos con cámaras de fumigación, balsas de inmersión e outras instalacións fixas destinadas á realización de tratamentos biocidas.

MARCO:

Programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas 2022-2025.

LINK:

Programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas 2022-2025

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2018 ata 31/12/2024
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF