Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria de tatuaxes, micropigmentación e piercing (tmp).

DEFINICIÓN:

O Indicador “Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria dos establecementos de Tatuaxe, Micropigmentación e piercing” achega información sobre o número actuacións que leva a cabo o corpo inspector sobre os establecementos de TMP incluídas no Programa de vixilancia sanitaria de establecementos de TMP, que foron obxecto do control oficial tanto no caso de controis programados como controis non programados.

Estes resultados ofrecen unha visión detallada das actividades de inspección dos centros de tatuaxe, micropigmentación e piercing que se levan a cabo cada ano e permítelle os responsables poder tomar decisións sempre encamiñadas a unha mellor protección da saúde xa que poden axudar a identificar posibles áreas de mellora e asi aumentar a eficacia dos programas de control que se levan a cabo, co obxetivo final de que estas actividades non perxudiquen a saúde e o benestar da poboación.

Este indicador ofrece información dos centros que son vixiados o longo do ano por parte dos corpos de inspección.

MARCO:

Programa de vixilancia sanitaria dos establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP) de Galicia 2022-2025.

O programa ten como obxectivo xeral o de reducir ó máximo posible e aceptable o risco de contraer enfermidades que poidan transmitirse ou estén asociadas as prácticas de esta actividade mediante a vixilancia e control dos establecementos de Galicia.

LINK:

Programa_tmp_2022-2025.pdf (sergas.es)

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2018 ata 31/12/2024
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF