- Última actualización
- 09/02/2024
- Licenza
- Creative Commons Attribution 4.0
- Organización
- Dirección Xeral de Saúde Pública
- Formato
- XLSX
Mortalidade por Cancro: Probabilidade condicional de morrer por cancro entre diferentes idades asociada a cancro de colon
As probabilidades de morrer calculáronse mediante unha táboa de vida que comeza cunha cohorte hipotética de 10 millóns de nados vivos, aos que se lles aplica a experiencia de mortalidade da poboación en estudio nun determinado período, e que permite obter a probabilidade de que un individuo morra por cancro entre dúas idades, condicionado a que estaba libre da enfermidade ao principio do rango de idade (probabilidades condicionais).
O método está implementado no programa DevCan, desenvolvido polo Instituto Nacional do Cancro de Estados Unidos (US Nacional Cancer Institute, NCI).
Nota: Hai que ter presente, cando se interpretan estes datos, que as probabilidades de morrer calcúlanse sobre a experiencia da poboación no seu conxunto e, por iso, poden sobreestimar ou subestimar o risco individual debido á susceptibilidade xenética asociada ao cancro en estudo ou a certas exposicións que aumentan o risco de padecelo.
Información adicional
Campo | Valor |
---|---|
Última actualización dos datos | 9 de febreiro de 2024 |
Última actualización dos metadatos | 9 de febreiro de 2024 |
Creado | 9 de febreiro de 2024 |
Formato | XLSX |
Licenza | Creative Commons Attribution 4.0 |
URL | https://abertos.sergas.gal/dataset/2f53a148-421d-44db-a1ce-f9f695ca8b95/resource/a0fcfbd3-c680-444b-82c1-5e7f5afc1827/download/l11_8.xlsx |
Tipo de contido | application/vnd.openxmlformats-officedocument.spreadsheetml.sheet |
Tamaño | 64573 |