Mortalidade global e por capítulos. Anos de esperanza de vida perdidos por causa

Indicador: O número de anos de esperanza de vida perdidos (AEVP) por unha poboación nun período determinado é un indicador que representa a diferenza entre o máximo posible de anos que se poden vivir entre dúas idades (neste caso, entre o nacemento e os 85 anos) e os que realmente se viven. O total de AEVP atribuíbles á forza da mortalidade nunha poboación pódese descompoñer por grupo de idade e/ou causa de morte

Causas de morte: Grandes grupos de causas correspondentes aos capítulos da CIE-10

Ámbitos:

  • Poboacional: datos por sexo e grupos de idade: 0 a 14, 15 a 24, 25 a 44, 45 a 64 e 65 a 84

  • Xeográfico: Galicia, provincias e áreas sanitarias

  • Temporal: datos trienais dende o 2001-2003

Fonte de datos:

  • Defuncións: Rexistro Galego de Mortalidade (RGM)

  • Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de Habitantes ata o ano 2022, e do Censo de Poboación dende 2023

[Enlace: Metodoloxía]

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal -
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF