Observatorio de Saúde Pública de Galicia
21/02/2024
O Observatorio de Saúde Pública de Galicia é un instrumento dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) que permite xerar, analizar, reunir, organizar e comunicar información relevante e de calidade no ámbito da saúde pública de Galicia, co obxectivo de proporcionar información baseada na evidencia científica, e poñela á disposición de profesionais da saúde, do persoal investigador, así como da sociedade en xeral.
Para conseguilo monitoriza e avalía o estado de saúde da poboación, identifica tendencias e proporciona datos clave para a toma de decisións en políticas e programas de saúde.