Última actualización
20/02/2024
Áreas temáticas
-

Cumprimento de auditorías internas

No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial. Dentro destas últimas, as auditorías internas son as realizadas ou encargadas pola propia organización. O Regulamento (UE) nº 2017/625 establece, no seu artigo 6 que para asegurarse do cumprimento das súas disposicións as autoridades competentes realizarán auditorías internas ou ordenarán que lles sexan realizadas e, atendendo ao seu resultado, tomarán as medidas oportunas. Unha auditoría interna é un exame sistemático, independente para determinar se as actividades e os seus resultados se corresponden cos plans previstos e se estes se aplican eficazmente e son adecuados para alcanzar os obxectivos. Permite á organización avaliar o grado de cumprimento dos seus obxectivos.

Os obxectivos estratéxicos que se pretenden acadar son:

  • Verificar a aplicación efectiva das disposicións previstas e a súa adecuación para alcanzar os obxectivos da lexislación vixente,
  • Realizar un control periódico, asegurar a implementación, eficacia e cumprimento do sistema de calidade e
  • Detectar boas prácticas que permitan mellorar o control oficial.

As auditorías internas poden ser de dous tipos:

  • Auditorías horizontais: son aquelas auditorías onde os criterios de auditoría se refiren a requisitos xerais relacionados coa Autoridade Competente ou coa lexislación vixente.
  • Auditorías verticais: son aquelas auditorías onde os criterios de auditoría se refiren a requisitos específicos do control oficial relacionados con determinado sector ou programa.

Tras a realización dunha auditoría interna por parte do equipo auditor formado e independente da unidade auditada resulta un informe con conformidades, non conformidades o observacións.

  • Conformidade: cumprimento dun criterio de auditoría isto é, conxunto de políticas, procedementos, requisitos legais ou outros requisitos usados como referencia fronte aos cales se comparan as evidencias obtidas nunha auditoría.
  • Non conformidade: incumprimento dun criterio de auditoría
  • Observación: aspecto ou fallo puntual e/ou nacente que non ten suficiente relevancia para considerarse non conformidade pero podería chegar a selo se non se corrixe.

Do informe resultante proponse una Plan de acción para corrixir as non conformidades ou observacións detectadas. Dito Plan de acción publícase para a súa implementación polas unidades de control oficial.

O indicador "Cumprimento de Auditorías Internas" é unha fonte de información que proporciona unha análise sobre o cumprimento das auditorías internas realizadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública.

É unha ferramenta que permite avaliar o grao de cumprimento das auditorías internas previamente planificadas para o ano.

O indicador "Cumprimento de Auditorías Internas" é unha fonte de información que pode ser utilizada para mellorar a eficacia e a eficiencia das auditorías internas. É unha ferramenta que permite coñecer o grao de cumprimento por cumprir coas obrigacións de auditoría e mellorar a xestión.

O indicador de cumprimento no programa de auditorías internas resulta de calcular a porcentaxe de auditorías internas realizadas das auditorías internas programadas durante o ano.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF