A formación forma parte das accións destinadas a mellorar as cualidades e habilidades do persoal inspector que executa os plans e programas da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) co obxectivo de actualizar os coñecementos e a adquisición de novas habilidades para poder realizar as súas funcións nos centros dos que dependen co fin de ter un equipo totalmente preparado. Todo isto sen menoscabo de que o propio persoal implicado en actividades de control oficial, como empregado público da administración, debe manter actualizada a súa formación e cualificación (artigo 74.o da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia)
Os principais destinatarios da formación é todo o persoal inspector que realice actividades de control oficial e que inclúe:
- Persoal de nova incorporación e/ou persoal trasladado dende un posto distinto dos servizos de inspección de saúde pública, polo menos cunha estimación de permanencia no posto superior a 1 mes
- Persoal xa integrado en todos os niveis.
A formación do persoal inspector de saúde pública está estruturado en dúas vías:
-
Vía institucional, promovida pola Dirección Xeral de Saúde Pública, de obrigado cumprimento, que inclúe:
- a formación inicial, que a realizarán no momento que se incorporen á actividade inspectora
- a formación continua derivada do desenvolvemento dos plans, programas e procedementos.
-
Vía de autoformación, de configuración libre, de acordo coas necesidades e preferencias de formación e que permite a adquisición de coñecementos de xeito autónomo e individual.
O indicador de formación realizada comprende soamente a primeira vía para a que se precisan os seguintes pasos:
- Diagnose e análise da situación na que se atopa o persoal a formar en relación ás necesidades que se precisan
- Elaboración do plan de formación en si, coas propostas das distintas unidades de control e as necesidades detectadas na diagnose inicial
- Implantación da formación
- Avaliación dos resultados e cumprimento dos obxectivos mediante os indicadores de resultados. Realízase o seguimento para ter en conta futuros plans de formación.
Cada ano solicítase ás Xefaturas Territoriais e aos distintos servizos da DXSP a súa proposta de actividades. Con todas as propostas elabórase o borrador para o ano seguinte, a nivel de Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde para a súa subseguinte aprobación pola DXSP. Este plan pode sufrir modificacións posteriores por parte das entidades formativas en función dos seus recursos dispoñibles.
O indicador da formación realizada recolle a porcentaxe de cursos realizados daqueles que se programaron para o ano.
Este indicador aporta información sobre a aceptación das propostas de cursos realizadas polas diferentes unidades e, de ser o caso, da necesidade de investigar máis a fondo das razóns da súa non realización.