Mortalidade por causas evitables. Taxas bruta e axustada de mortalidade

Indicador: Taxa bruta obtida como número de defuncións por cada 100.000 habitantes. Taxa axustada de mortalidade polo método directo á poboación estándar do Censo de 2011 de Galicia, europea (2013), mundial (2001), obtida a partir das taxas específicas por grupos de idade quinquenais ata 74 anos. Ambos indicadores expresados en tanto por 100.000 habitantes e obtidos en función da lista de causas de morte evitable segundo Eurostat

Causas de morte: Lista de Eurostat: selección de causas de morte consideradas como evitables e clasificadas segundo sexan previbles ou tratables

Ámbitos:

  • Poboacional: defuncións na poboación residente en Galicia. Datos por sexo

  • Xeográfico: Galicia, provincias e áreas sanitarias

  • Temporal: datos trienais dende o 2010-2012

Fonte de datos:

  • Defuncións: Rexistro Galego de Mortalidade (RGM).

  • Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de Habitantes ata o ano 2022, e do Censo de Poboación dende 2023

  • Poboacións estándar: Censo-2011 de Galicia, europea-2013, mundial-2001

[Enlace: Metodoloxía]

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal -
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF