Indicador: Taxa bruta obtida como número de defuncións por cada 100.000 habitantes. Taxa axustada de mortalidade polo método directo á poboación estándar do Censo de 2011 de Galicia, europea (2013), mundial (2001), obtida a partir das taxas específicas por grupos de idade quinquenais ata 74 anos. Ambos indicadores expresados en tanto por 100.000 habitantes e obtidos en función da lista de causas de morte evitable segundo Eurostat
Causas de morte: Lista de Eurostat: selección de causas de morte consideradas como evitables e clasificadas segundo sexan previbles ou tratables
Ámbitos:
-
Poboacional: defuncións na poboación residente en Galicia. Datos por sexo
-
Xeográfico: Galicia, provincias e áreas sanitarias
-
Temporal: datos trienais dende o 2010-2012
Fonte de datos:
-
Defuncións: Rexistro Galego de Mortalidade (RGM).
-
Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de Habitantes ata o ano 2022, e do Censo de Poboación dende 2023
-
Poboacións estándar: Censo-2011 de Galicia, europea-2013, mundial-2001
[Enlace: Metodoloxía]