• galego
  • Castelán

Portal
Abertos

Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
  • Portal Abertos
  • Catálogo de Datos
  • Aplicacións
  1. Inicio
  2. Preguntas frecuentes

➤ Qué son os datos abertos?

Os datos abertos son datos aos que calquera persoa pode acceder, ademais de poder utilizalos e compartilos, fomentando así a transparencia e a innovación en múltiples sectores.


➤ Qué son os datos públicos?

Os datos públicos son aqueles rexistrados ou xerados pola Administración Pública, accesibles salvo restricións de privacidade, propiedade, seguridade ou normativas como o Regulamento Xeral de Protección de Datos.


➤ Qué son os datasests ou conxuntos de datos?

O termo dataset, de procedencia inglesa, fai referencia a un conxunto de datos que se publican en catálogos de datos para facilitar a procura. O dataset, ao que se accede mediante unha URL, está constituído polos recursos cos datos e os seus metadatos.


➤ Podo facer calquera uso dos datos ofrecidos?

O obxectivo da iniciativa é permitir a súa reutilización. Pódense utilizar sempre que se respecten as condicións de utilización establecidas. O uso pode ser tanto persoal ou non comercial como comercial.

➤ Os datos ofrecidos están actualizados?

Segundo a data de última actualización indicada nos metadatos de cada conxunto de datos. Se cre que algún conxunto de datos en concreto non se atopa debidamente actualizado, por favor fáganolo saber.


➤ Qué son os metadatos?

Os metadatos defínense datos que describen outros datos. Na arquitectura da información, os metadatos facilitan a comunicación de detalles esenciais sobre documentos e recursos, mellorando directamente a súa accesibilidade.


➤ Quen é responsable ante prexuízos derivados do uso dos datos ofrecidos?

A Consellería de Sanidade non será en ningún caso responsable de calquera prexuízo producido derivado da reutilización dos datos publicados, xa sexa por falta de actualización, inexactitude ou omisión nos mesmos, mala interpretación etc. Existen medios de contacto ao dispor de calquera persoa ou axente reutilizador interesado para informar de calquera problema ou incorrección detectada nos datos e no propio catálogo.

  • galego
  • Castelán
  • A miña Conta
    • Iniciar sesión
  • Portal Abertos
    • Que é
    • Normativas
    • Condicións de uso
    • Preguntas frecuentes
    • Os formatos
  • Catálogo de datos
    • Busca de datos
    • Áreas Temáticas
    • Organizacións
  • Aplicacións
    • Casos de uso
    • Solicitude de datos
    • Noticias
Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Catálogo de datos
  • Busca de datos
  • Áreas temáticas
  • Organizacións
Portal Abertos
  • Qué é o Portal Abertos?
  • Normativas
  • Estatísticas de uso
Directo a
  • Condicións de uso
  • Preguntas frecuentes
  • Os formatos
Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade Consellería de Sanidade
SERGAS - Servizo galego de Saúde Servizo Galego de Saúde
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na intranet pola Xunta de Galicia
  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal
  • Política de cookies