• galego
  • Castelán

Portal
Abertos

Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
  • Portal Abertos
  • Catálogo de Datos
  • Aplicacións
  1. Inicio
  2. Qué é o Portal Abertos?

Qué é o Portal Abertos da Consellería de Sanidade de Galicia?

Benvidos ao Portal Abertos da Consellería de Sanidade de Galicia, a plataforma de datos abertos corporativa da Consellería,  destinada á publicación de conxuntos de datos para a súa consulta ou utilización por parte da cidadanía. Este portal ten como obxectivo fomentar a transparencia, a participación cidadá e o acceso á información, permitindo aos cidadáns, investigadores, e outras partes interesadas acceder, utilizar e aproveitar os datos xerados pola Consellería.

Qué son os Datos Abertos?

Os datos abertos refírense a información dixital que se atopa dispoñible de maneira libre e accesible a calquera persoa, sen restricións de uso ou distribución. Estes datos son valiosos recursos que poden ser utilizados para diversos fins, incluíndo a investigación, a toma de decisións informadas, o desenvolvemento de aplicacións e servizos, e a mellora da eficiencia gobernamental. 

Os principios fundamentais dos datos abertos inclúen:

  • Acceso Universal: Os datos deben estar dispoñibles para todos, sen discriminación nin restricións.
  • Uso Gratuíto: Os datos deben ser de acceso gratuíto, sen custos adicionais ou barreiras financeiras.
  • Reutilización: Os datos deben poder ser utilizados para calquera fin, incluíndo a creación de produtos ou servizos derivados.

Transparencia e Datos abertos no sector público

A apertura dos datos no sector público refírese á práctica de expoñer a información xerada ou custodiada desde os organismos públicos, permitindo  o acceso á mesma e a súa reutilización: Os datos abertos constitúen unha ferramenta fundamental para promover a Transparencia nas Administracións Públicas:

  • Transparencia pasiva: a cidadanía ten dereito a recibir a información que soliciten, sustentado en leis e procedementos de acceso á información.
  • Transparencia activa: as institucións públicas comprométense a publicar a información de forma periódica. Esta información deberá ser visible, accesible e utilizable.
  • Transparencia colaborativa: que implica un compromiso por parte dos axentes públicos de publicalos datos crus nun formato procesable para producir nova información.

Portal Abertos constitúese como unha ferramenta fundamental para a publicación da información xerada pola Consellería de Sanidade.

  • galego
  • Castelán
  • A miña Conta
    • Iniciar sesión
  • Portal Abertos
    • Que é
    • Normativas
    • Condicións de uso
    • Preguntas frecuentes
    • Os formatos
  • Catálogo de datos
    • Busca de datos
    • Áreas Temáticas
    • Organizacións
  • Aplicacións
    • Casos de uso
    • Solicitude de datos
    • Noticias
Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Catálogo de datos
  • Busca de datos
  • Áreas temáticas
  • Organizacións
Portal Abertos
  • Qué é o Portal Abertos?
  • Normativas
  • Estatísticas de uso
Directo a
  • Condicións de uso
  • Preguntas frecuentes
  • Os formatos
Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade Consellería de Sanidade
SERGAS - Servizo galego de Saúde Servizo Galego de Saúde
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia
Creative Commons Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na intranet pola Xunta de Galicia
  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal
  • Política de cookies