Cobertura do recordo de difteria e tétanos (Td)

A vacina fronte a difteria e tétanos (Td) é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (para completar calendario de inmunización ou en determinadas situacións de risco). Na poboación infantil a vacina Td adminístrase aos 14 anos como terceiro reforzo para a difteria e tose ferina (tras recibir 2 doses iniciais aos 2 e 4 meses, e dos recordos aos 11 meses e 6 anos). Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á difteria e tétanos (Td) mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a terceira dose de recordo, correspondente á vacina dos 14 anos de idade. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de idade.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF