Cobertura do recordo de difteria, tétanos e tosferina (dTpa/DTPa)

A vacina fronte a difteria, tétanos e tose ferina é unha vacina empregada na inmunización tanto de mulleres embarazadas (semana 27 de xestación) como na poboación infantil e adulta. Na muller embarazada adminístrase unha única dose da vacina de baixa carga antixénica (dTpa) na semana 27 da xestación. Na poboación infantil adminístrase 3 doses formando parte da vacina hexavalente (aos 2, 4 e 11 meses) engadindo dúas doses máis de reforzo: aos 6 anos (xunto coa vacina da poliomielite, DTPa/VPI) e aos 14 anos (só a vacina do tétanos e a difteria, Td). Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase de maneira conxunta a cobertura vacinal fronte á difteria, tétanos e tose ferina (dTpa/DTPa) mediante a porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a segunda dose de recordo, correspondente á vacina dos 6 anos de idade. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF