Cobertura da segunda dose da triple vírica (SRP)

A vacina fronte ao sarampelo, a rubéola e a parotidite, coñecida como “triple vírica (TV)”, é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (dúas doses aos nados a partir de 1968). Na poboación infantil adminístranse dúas doses: a primeira aos 12 meses de idade e a segunda aos 3 anos, esta segunda dose de maneira conxunta coa vacina fronte á varicela. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón:
Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á difteria e tétanos (Td) mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron alomenos 2 doses. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 2 doses desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF