Porcentaxe de traballadores sanitarios vacinados de gripe

A vacina fronte a gripe é unha vacina empregada na inmunización da poboación de 65 anos ou máis, do persoal sanitario, das mulleres embarazadas, persoas con condicións de risco e dos nenos e nenas de entre 6 e 59 meses. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: Información sobre a Gripe.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á gripe no persoal sanitario. No numerador do presente indicador figurará o número de traballadores sanitarios que recibiron unha dose de gripe entre setembro e xaneiro do período avaliado e no denominador incluiranse todos os traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2017 ata 31/12/2023
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF