Última actualización
20/02/2024
Áreas temáticas
-

Cumprimento de Supervisión

No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial.

Defínese a Supervisión como o conxunto de actividades realizadas polos niveis superiores xerárquicos co obxecto de valorar a correcta realización das funcións dos axentes de control oficial e a aplicación da normativa vixente en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

A supervisión no ámbito do control oficial ten como obxectivo estratéxico mellorar o grado de implantación e a calidade do control oficial desenvolvida pola inspección de saúde pública.

Ademais de dar cumprimento á lexislación vixente na Unión Europea, a supervisión pretende detectar posibles carencias no sistema de control oficial, mellorar a súa eficacia introducindo plans de mellora ante as deficiencias detectadas e, proporcionar tanto á propia Administración como á poboación, a confianza de que os sistemas de control están funcionando correctamente.

Os aspectos a supervisar veñen definidos no documento de supervisión do Ministerio de Consumo.

Para isto, establece a sistemática xeral para valorar o coñecemento e a aplicación da normativa e dos procedementos documentados na realización dos controis oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia e asegurarse de que se adoptan as medidas correctoras cando é preciso.

O indicador cumprimento de supervisión recolle a porcentaxe das supervisións realizadas daquelas supervisións que foron programadas inicialmente.

Este indicador proporciona información que permita investigar as razóns das supervisións que non chegaron a completarse.

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF