DEFINICIÓN:
Porcentaxe dos ensaios realizados baixo o alcance de acreditación do total de ensaios realizados. O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia está acreditado dende o ano 1998 pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC), segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17025 para a realización de ensaios de produtos agroalimentarios e augas co nº 131/LE324
OBXECTIVO XERAL:
O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.
MARCO:
O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) no ámbito da protección da saúde.
O LSPG tamén colabora con outras consellerías da Comunidade Autónoma de Galicia; Entes autonómicos e outras Administracións públicas.
LINK:
Laboratorio de Salud Pública de Galicia - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)