Porcentaxe de ensaios da área físico-química

DEFINICIÓN:

Porcentaxe de ensaios físico-químicos realizados en relación ao total de ensaios. O laboratorio de Saúde Pública de Galicia, conta con dúas áreas funcionais puramente técnicas: A área de microbioloxía e a área de química.

A área química do laboratorio realiza análises físico-químicos de auga, alimentos e conta con tres unidades:

  • Unidade analítica de contaminantes orgánicos

  • Unidade analítica de contaminantes inorgánicos

  • Unidade analítica básica de auga e alimentos

OBXECTIVO XERAL:

O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.

MARCO:

O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) no ámbito da protección da saúde.

O LSPG tamén colabora con outras consellerías da Comunidade Autónoma de Galicia; Entes autonómicos e outras Administracións públicas.

LINK:

Laboratorio de Salud Pública de Galicia - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2015 ata 31/12/2023
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF