Última actualización
20/02/2024
Áreas temáticas
-

Implantación dá supervisión

No marco global da mellora continua e seguindo o ciclo PDCA, na etapa de REVISIÓN (Check), avalíanse os resultados, comprobando o grao de cumprimento do planificado e a eficacia do sistema. Para iso empréganse as técnicas de supervisión, verificación da eficacia e auditorías do control oficial. A supervisión defínese como o conxunto de actividades realizadas polos niveis superiores xerárquicos co obxecto de valorar a correcta realización das funcións dos axentes de control oficial e a aplicación da normativa vixente en materia de seguridade alimentaria e sanidade ambiental.

A supervisión serve para valorar se as actuacións dos axentes de control oficial se realizan segundo a normativa e os procedementos documentados.

Caracterízase porque é realizada:

  • pola propia unidade sobre os seus axentes de control oficial
  • de forma continua ao longo do ano
  • sobre todos os axentes de control nun ciclo de supervisión quinquenal. Cada ano distribuiranse equitativamente o número total de inspectores a supervisar.

As actuacións a supervisar serán representativas dos diferentes tipos e motivos de control (inspeccións, auditorías, mostraxes, alertas, etc).

O indicador “Implantación da supervisión” aporta información sobre a porcentaxe de supervisións programadas sobre o número de unidades que é preciso supervisar, entendéndose estas como os axentes de control oficial e os servizos veterinarios de matadoiros e lonxas asi como todo aquel persoal que realice actuacións de control oficial: persoal de inspección, direccións técnicas, xefaturas de zona e sección, etc.

Datos e Recursos

Información adicional

Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF