Número de instalacións no programa de vixilancia sanitaria das piscinas

DEFINICIÓN:

Este indicador achega información sobre o número de instalacións que se vixían dentro deste programa.

Sendo un dos filtros os tipos de instalacións, definidos como:

  • Piscinas de funcionamento continuo, que son piscinas que, con excepción do peche para os traballos de mantemento e reparación, permanece en funcionamento a maior parte do ano.

  • Piscinas de tempada, que son piscinas que interrompen o seu funcionamento durante máis de seis meses ao longo do ano.

Este indicador axuda a que a poboación estea informada do volume de piscinas que están sendo vixiadas para eliminar os posibles riscos sanitarios asociados a este tipo de instalacións.

MARCO:

Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2022-2025, cuxo obxectivo xeral é reducir a niveis razoablemente posibles e aceptables o risco de contraer enfermidades para as persoas usuarias de piscinas en Galicia

LINK:

Control oficial das Piscinas - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2018 ata 31/12/2024
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF