Última actualización
20/02/2024
Áreas temáticas
-

Indicador de solicitudes de inscrición no Rexistro Galego de Laboratorios

Indicadores de inscricións e modificacións do Rexistro galego de laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano

As administración no exercicio das súas competencias, crearán ou manterán os rexistros necesarios para o coñecemento das distintas situacións das cales poidan derivar accións de intervención en materia de seguridade alimentaria.

O DECRETO 105/2015, do 25 de xuño, polo que se regulan o Rexistro e a Comisión galega de laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano e o seu réxime de acceso á actividade ten por obxecto entre outros:

  • O establecemento dun réxime de declaración responsable dos laboratorios para a realización de ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano e
  • A regulación do Rexistro Galego de Laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Deberán axustar a súa actividade ao presente decreto todas aquelas entidades, públicas ou privadas que, na Comunidade Autónoma de Galicia, que pretendan realizar ensaios de produtos alimenticios con destino ao consumo humano con vistas á comprobación do cumprimento dos programas de autocontrol das industrias alimentarias, xa sexan propias ou alleas a esta. Quedan excluídas do réxime de declaración responsable aquelas entidades, públicas ou privadas que, na Comunidade Autónoma de Galicia, pretendan realizar ensaios de produtos alimenticios con destino ao consumo humano con resultados válidos no marco do control oficial, as cales serán designadas directamente para tal fin pola autoridade competente.

Para avaliar a evolución do rexistro establecemos os seguintes indicadores:

(nº de solicitudes de inscrición tramitadas / nº de solicitudes de inscrición solicitadas) *100

(Nº de solicitudes de modificación tramitadas /nº de solicitudes de modificación solicitadas)*100

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2016 ata 31/12/2022
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF