- Última actualización
- 09/02/2024
- Licenza
- Creative Commons Attribution 4.0
- Organización
- Dirección Xeral de Saúde Pública
- Formato
- XLSX
Mortalidade por Cancro: Probabilidade acumulada de morrer por cancro dende o nacemento asociada a cancro de larinxe
As probabilidades de morrer calculáronse mediante unha táboa de vida que comeza cunha cohorte hipotética de 10 millóns de nados vivos, aos que se lles aplica a experiencia de mortalidade da poboación en estudio nun determinado período, e que permite obter a probabilidade de que un individuo morra por cancro dende o nacemento ata unha determinada idade (probabilidades acumuladas).
O método está implementado no programa DevCan, desenvolvido polo Instituto Nacional do Cancro de Estados Unidos (US Nacional Cancer Institute, NCI).
Nota: Hai que ter presente, cando se interpretan estes datos, que as probabilidades de morrer calcúlanse sobre a experiencia da poboación no seu conxunto e, por iso, poden sobreestimar ou subestimar o risco individual debido á susceptibilidade xenética asociada ao cancro en estudo ou a certas exposicións que aumentan o risco de padecelo.