Supervivencia relativa con IC por tipo de tumor

Indicador:

Supervivencia considerando o cancro en estudio como a única causa posible de morte, e que proporciona unha medida do exceso de Mortalidade debido ao cancro. Calcúlase como o cociente entre a supervivencia observada, polo método de Kaplan-Meier, e a esperada na poboación xeral, empregando o método de Ederer II. A supervivencia relativa preséntase con intervalos de confianza do 95%. Para estimar a supervivencia considerouse como data fin de seguimento a da defunción ou o 31-12-2022, o que primeiro sucedera.

Fonte de datos:

Tumores incidentes – Rexistro Galego de Tumores (REGAT).

Defuncións – Rexistro Galego de Mortalidade (RGM).

Datos e Recursos

Información adicional

Información adicional
Campo Valor
Categoría(s) Saúde
Frecuencia de actualización Anual
Idioma(s) Galego
Cobertura xeográfica Galicia
Cobertura temporal
  • Dende 01/01/2015 ata 31/12/2019
Acceso a Metadatos API (JSON) Descargar RDF