DEFINICIÓN:
Número de unidades de control (Inspeccións) realizadas anualmente nos establecementos alimentarios de Galicia, das programadas inicialmente.
Os criterios para establecer a planificación veñen establecidos no Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria 2021-2025 (PNCOCA) e no documento de "Planificación das actividades de control oficial da cadea alimentaria en Galicia".
A periodicidade establécese en base á clasificación de risco do establecemento (“Documento de orientación para la clasificación de los establecimientos alimentarios en base al riesgo en el marco del PNCOCA 2021-2025", aprobado na Comisión Institucional da AESAN do 17/12/2021).
MARCO:
Plan de control da cadea alimentaria en Galicia, no ámbito das competencias da Consellería de Sanidade, que ten entre os seus obxectivos verificar e, no seu caso, mellorar o cumprimento da normativa de hixiene alimentaria e benestar animal nos establecementos alimentarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este plan galego enmárcase dentro do Plan Nacional de Control Oficial da Cadea Alimentaria 2021-2025 (PNCOCA.
LINK:
https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/4606/Plan_de_Control_da_Cadea_Alimentaria_en_Galicia.pdf
Plan Nacional de Control Oficial de la Cadena Alimentaria (PNCOCA) - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)